Mostras de gastronomía asiática no Pazo do Faramello

Relacionadas coa exposición de arte asiático “Asia Magna: Japón eterno, cruce de Camiños” que se pode visitar no mesmo Pazo dende o pasado mes de xullo, propoñemos unha serie de actividades culturais que poñerán en valor, máis aínda se cabe, a cultura asiática.

Comezaremos cunhas xornadas gastronómicas de diferentes países. India e Tailandia serán os convidados neste mes de agosto, e no mes de setembro Indonesia e Xapón.

Os días elexidos serán diferentes domingos, realizando primeiramente unha visita guiada ao propio Pazo e á Exposición Asia Magna, para rematar degustando exóticos e deliciosos pratos. Un gran plan para as “sesións vermout” dos domingos de verán.

Estas demostracións estarán impartidas por un chef de luxo: o xefe de cociña e formador Mark Wernink. Fomado no CIFP Ciudad de León como técnico superior de cociña e restauración e cociña e gastronomía, Mark Wernink leva máis de 20 anos nos fogóns de forma profesional. Traballou en varios Paradores de Turismo, como o de Cambados, Puebla de Sanabria, Pontevedra e Tui e como xefe de cociña en diferentes restaurantes da xeografía española. Na actualidade centra a súa actividade como Chef no Casino de La Toja, xefe de partida eventual no Gran Hotel de La Toja e tamén como docente e formador. Cartel gastronomia glComplácenos ademáis poder informar que tanto a exposición “Asia Magna: Japón eterno, cruce de Camiños”, que xa conta co apoio de Casa Asia, Casa Japón Galicia e Yes Tokyo, como todas estas actividades culturais a desenrollar foron seleccionadas pola Embaixada de Xapón en España como Actividades Oficiais para a Celebración dos 400 Anos de Relación entre Xapón e España, que se está a celebrar este ano xunto co Ano dual España-Xapón 2013-2014.

LOGO_ADEJ_H

Asia Magna

Este venres 11 de xullo Asia chega a Galicia. Ás 18h poderemos asistir á inauguración da exposición “Asia Magna”, unha das exposicións máis fascinantes que se celebrarán este verán en Galicia.

Kakemonos (desplegables xaponeses) dos séculos XVII ao XIX, ancestrais mármoles indios e nepalís, marfiles tallados do período Meiji e do imperial chino, fermosísimas pezas da máis fina cerámica xaponesa, delicadas pezas de Iznik, actual Turquía e a antiga Nicea grega, sensuais bronces indios, transparentes vidros koreanos….

A exposición estará dispoñible para visitar ata o mes de setembro no Pazo do Faramello, e tamén se realizarán posteriormente a esta inauguración, unha serie de actividades culturais relacionadas con Asia.

Durante a inauguración, ademáis de presenciar en primicia estas obras de arte, inclúese tamén a propia visita ao Pazo do Faramello e un concerto exquisito de Haruko Wataname e Rodrigo Rodríguez.

As entradas para este completo e único pack xa están á venda no apartado de Tenda desta páxina web ou a través do teléfono 690.195.217

Faramello-asia-cartel-01

Encontros Musicais no Pazo do Faramello

O mes de xuño xa está ahí, e tráenos o verán e os días máis longos do ano.

E que mellor plan para unha tarde de verán que boa música en directo nun dos espazos máis fermosos de Galicia: o Pazo do Faramello.

Se completamos a proposta cunha copa dun bo Albariño das Adegas Don Olegario e uns pinchos con producto galego de calidade…. Coido que xa pouco máis hai que decir.

Comezamos estes encontros musicais coa voz do gran Xabier Díaz que, despois dunha visita guiada polo Pazo, nos deleitará co seu bo facer.

Na Tenda desta web xa podedes mercar as entradas. ¡Non quedes sen a túa, que o afora é limitado!

Marcelino Galan en “Somos Quen”

O pasado 26 de abril estivemos con Marcelino Galán na Radio Galega no programa “Somos Quen”, falando da xira realizada por Centro América.Sempre é un pracer que nos conviden a este programa de “Somos quen”, onde tan ben nos tratan e tan ben nolo fan pasar. Para quen non puido escoitar a entrevista aquí vola deixo. Está chega de boa música, anécdotas e bo humor.

Xira americana de Marcelino Galán

Nos vindeiros meses de marzo e abril estaremos xirando con Marcelino Galán por varios países de Centro América, presentando o seu último traballo “The Gift”. De novo unha mostra do selo “JazzFromGaliza” que exportamos fóra das nosas fronteiras.

Un magnífico traballo en formación de sexteto que levará a estes países unha mostra do gran jazz nacional do que podemos desfrutar neste país.

Poderedes mantervos informadas e informados de toda a xira a través da páxina web do grupo, así como a través de facebook e twitter.

Queremos dar as grazas de antemán á axencia AECID España así como a tódalas Embaixadas de España en cada un dos seis países que visitaremos, polo enorme apoio que nos están a dar e polo sinxelo que fan que sexa todo.

cartel marce a4

Xacobe Martínez Antelo en GPS

Comezamos este mes de febreiro da mellor forma posible. O músico galego Xacobe Martínez Antelo estará xirando por España, espallando a súa boa música por varias Comunidades Autónomas gracias ao circuito Girando por Salas.

O trío deste contrabaixista foi seleccionado para formar parte da programación do GPS para este 2014, e neste mes de febreiro estarán mostrando por salas do país o que será o repertorio do seu próximo disco.Para non perder!!

cartel gira gps

Miguel Flores Trío

Estamos de noraboa. Este mes de xaneiro comezamos o ano da mellor forma posible, desfrutando do gran Miguel Flores.

Teremos dúas oportunidades de ver a este gran trío na Borriquita de Belén (Santiago de Compostela) os luns 13 e 27 deste mes.  Ambos días os concertos darán comezo ás 21h30. Non faltedes!

Libros solidarios

Mañá sábado 14 de novembro, estaremos colaborando nun acto benéfico en favor do neno Samuel. Samuel sufre distrofia muscular de Duchene e precisa da axuda de todos nós para poder conseguir equipamento e terapias que lle facilite o seu día a día.
Por eso mañá estaremos dende as 12h ata as 20h no Hotel San Francisco en Santiago de Compostela, cun mercado solidario de libros. O día estará cheo de actividades infantís, xogos, contacontos e tres fermosas actuacións musicais.
Agradecer de antemán a todas estas persoas que están cedendo o seu tempo e traballo para colaborar neste acto benéfico, e animarvos a todos e todasa pasar a visitarnos.

Cartel libros