Proxectos

Que facemos?

Deseño e producción de actividades e proxectos culturais, organización de eventos culturais, concertos, exposicións, concertos didácticos, xornadas temáticas, representación de artistas, xornadas e mostras de artesanía…. e calquera outra actividade relacionada coa dinamización cultural.

… algúns dos nosos proxectos…

MÚSICA NOS TILOS

Ciclo de concertos de pequeno e mediano formato realizados nos Tilos (Concello de Teo). Levamos algunhas das mellores propostas musicais do momento á parroquia dos Tilos durante varias noites dos seus veráns.

Empezamos no 2010, e nestes anos xa programamos a grupos como Aline Frazão, Fred Martins & Ugia Pedreia, Najla Shami & Hector Lorenzo, Xacobe Martínez Antelo Trío, Germán Díaz, Fernández & Quintá, Xabier Díaz, Jazzología, Xacobe Martínez Antelo Cuarteto…..

LANZAMENTOS E PRESENTACIÓNS

Realizamos presentacións puntuais de discos, novos proxectos…. acadando sempre magníficos resultados. Contamos cun equipo de producción, organización, prensa e difusión moi amplo e cunha gran capacidade de traballo.

Coidamos as produccións aos milímetro, facendo en todo momento que os artistas estexan sempre o máis cómodos posibles e procurando a maior facilidade de traballo aos técnicos. Facemos un importante traballo de difusión en prensa e medios especializados, acadando sempre unha fantástica repercusión. Entre os traballos presentados ata o de agora, mencionar o disco da cantora angolana Aline Frazão, as tres presentacións en Galicia do último disco do grupo de música medieval Doa, e a producción executiva e lanzamento do disco Son Brasilego do brasileiro Sérgio Tannus.

XIRAS INTERNACIONAIS

O noso afán por colaborar cos artistas galegos a exportar a súa música fóra das nosas fronteiras non ten fin.

Temos realizado xiras de bandas de jazz galegas por Sudáfrica, Bulgaria, Bolivia, México….e por suposto tamén por España. Como exemplo, a xira que organizamos para o sexteto de Marcelino Galán por Centro América, onde presentamos o seu último traballo “The Gift”. Nesta xira visitamos México, Guatemala, Costa Rica, El Salvador, Nicaragua e Honduras.

DIVIRTETE MERCANDO

Campaña realizada para a asociación de empresarios “Santiago Centro” en la primavera del 2011 para promover e dinamizar as compras nos comercios da Zona Nova de Compostela.

Ao longo de varias semanas, programaronse diferentes actividades lúdicas e culturais en diferentes plazas, parques e rúas da Zona Nova de Compostela: concertos, intervencións de rúa, paiasos… As actividades ían unidas a unha campaña para fomentar o comercio nas tendas asociadas a esta asociación. Entre as actividades programadas, mencionar ao Coro da Rá, Os Dous Magníficos máis Un, Turnes&Legido&García….

Comments are closed